Agora que xa entendemos como funciona o ciclo da auga imos facer un debuxo explicativo sobre o que vimos.
Tomando como referencia o libro de Victor Raga titulado "Un furacán chamado Otilia" propoñemos distintas actividades que iremos publicando neste blog.
venres, 4 de decembro de 2015
O ciclo da auga
A auga non permanece sempre no mesmo estado e no mesmo lugar, esta modificación é o que se coñece como o ciclo da auga. Imos ver un vídeo para entender o proceso.
Agora que xa entendemos como funciona o ciclo da auga imos facer un debuxo explicativo sobre o que vimos.
Agora que xa entendemos como funciona o ciclo da auga imos facer un debuxo explicativo sobre o que vimos.
martes, 24 de novembro de 2015
Mural das capas da atmosfera
Despois de tres semanas preparando o mural chegou o momento de ver o resultado final. Noraboa rapaces e rapazas!
xoves, 19 de novembro de 2015
A choiva
Os galegos sempre nos queixamos de que no territorio galego non deixa de chover. Sen embargo temos moitísimas palabras para as distintas precipitacións que sofre nosa terra. Aquí temos unha lista dalgunhas delas:
Arroiada: choiva forte e intensa.
Babuña/babuxa: choiva lixeira e pouco intensa.
Ballón: tromba de auga forte e intensa.
Balloada: choiva repentina, intensa e que se prolonga en varios días.
Diluvio: choiva moi abundante e intensa.
Escarabana: auga moi fría con saraiba.
Orballo: choiva lixeira e persistente.
Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa provocada polo vento na superficie do mar.
Torba: auga de choiva con neve lixeira.
Torbón/treboada: tromba de auga forte.
Zarzallo: choiva lixeira e pouco intensa.
Agora completa esta listaxe con máis palabras:
mércores, 11 de novembro de 2015
Continua a historia
Le o seguinte fragmento da obra Xente de mala morte de Alfonso Álvarez Cácamo e continua a historia con dúas lineas usando léxico do clima:
Zoaba un vento moi frío aquela noite na cidade. O transeúnte tentaba protexer as súas orellas subindo as lapelas do abrigo, pero as raxadas xeadas impedíanno, destemperaban o seu corpo e enfurruñaban o seu ánimo no longo camiño cara a casa. O transeúnte deixaba caer as pegadas automaticamente nuns lugares milleiros de veces percorrido, e pechaba os ollos irritados polo vento. Unicamente quería chegar dunha vez á casa [...]. E se algo dicía a ninguén cando o malhumor e o vento en contra o alporizaban como para falar en voz alta, era que debecía por chegar á casa, cear calquera cousa e deitarse.
Sen embargo tiña que ir á casa de Nuno, meu curmán, mais non había ninguén. Comezou a chover e eu non tiña paraugas. A auga caloume ata os ósos. Chamei por Nuno a berros, mais ninguén respondeu.
(Carolina, 4ºB)
As roupas empapadas pesaban coma cadeas e tiña que ir suxeitando os pantalóns que me ían baixando da cintura. Chovía a mares cando de súpeto sorprendeume un lóstrego nas costas, entón decidín saír correndo cara o xardín traseiro.
(Facundo, 4ºB)
Polo camiño perdín un zapato e cando o ía recoller dinme conta de que estaba afundido nun charco polo que o deixei alí. Cheguei ao xardín traseiro e parecía que os lóstregos me perseguían estando cada vez máis preto de min.
(Alicia 4ºB)
Nuno asomouse á ventá da cociña e chamou por min. Non era quen de escoitalo co ruído da tormenta. Apurei ata a porta de atrás e por fin logrei poñerme a salvo. Rogueille a Nuno que me prestara algún farrapo para mudarme. A miña roupa estaba enchoupada.
(Zeltia, 4ºB)
Ao entrar ao salón toda a miña familia estaba alí. Eu enchoupado e todos eles, elegantes, berrando Feliz aniversario! . No centro da habitación unha torta xigante con catorce velas. O vento bateu a porta e apagounas.
(Xurxo, 4ºB)
mércores, 4 de novembro de 2015
Furacán, ciclón e tifón.
O mesmo fenómeno recibe nomes distintos nas diferentes partes do planeta: chámase furacán nas costas tropicais americanas,tanto do Atlántico como do Pacífico; tifón no sudoeste asiático; indochina, Filipinas, China e Xapón; e ciclón nas costas africanas do este a India, Bengala Arabia e na costa autraliana.
Raio
En torno a cen raios caen na Terra nun segundo. E mil persoas morren alcanzados por raios nun ano.
Furacáns galegos
Galicia sufriu uns cantos furacáns nas últimas décadas. Velaquí algúns deles:
-Hortensia (1984)
-Wilma (2005)
-Gordon (2006)
-Hortensia (1984)
-Wilma (2005)
-Gordon (2006)
Evaporación
Se enches unha bolsa de plástico con auga e a pos preto dunha fiestra onde dé o sol, obsérvase o proceso de evaporación da auga.
Iceberg
En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.
xoves, 29 de outubro de 2015
Pluviómetro
O experimento que realizaremos a continuación é un instrumento cuxa función e medir as precipitacións dun lugar e momento determinados.
Para a súa realización necesitaremos:
Botella de plástico
Grampas e grampadora
Papel de lixa
Rotulador negro
Tesoiras
Elaboración :
1 Cortamos a parte superior da botella.
2 Lixamos o corte das dúas partes.
3 Coa axuda dunha regra marcamos as medidas co rotulador na botella.
4 Grampamos a parte superior da botella insertando a boca da mesma dentro da parte máis grande.


Según sexa maior ou menor a cantidade de precipitacións poderemos realizar un estudo das mesmas nun lugar e momento determinados.
Para a súa realización necesitaremos:
Botella de plástico
Grampas e grampadora
Papel de lixa
Rotulador negro
Tesoiras
Elaboración :
1 Cortamos a parte superior da botella.
2 Lixamos o corte das dúas partes.
3 Coa axuda dunha regra marcamos as medidas co rotulador na botella.


Según sexa maior ou menor a cantidade de precipitacións poderemos realizar un estudo das mesmas nun lugar e momento determinados.
Barómetro caseiro
Imos realizar un experimento co que construiremos un barómetro que é un instrumento que serve para medir as variacións da presión atmosférica.
Para facelo necesitaremos os seguintes materiais:
Un bote de cristal.
Un globo.
Unha goma elástica.
Unha palliña fina de refresco.
E unha cartolina
Para empezar colocamos o globo tapando a boca do bote do xeito máis tenso posible.
E suxeitámolo coa goma elástica.
Pegamos a palliña enriba.
Facemos unha escala na cartolina.
E pegámola o máis cerca posible do extremo da palliña.
Segundo sexa maior ou menor a presión atmosférica deformará en maior ou menor grao a tapa elástica, movendo a palliña cara arriba ou abaixo, indicando se a presión sobe ou baixa na escala marcada.
Agora podedes probar a facelo na casa e comprobar por vós mesmos as variacións que sofre a presión atmosférica.
A caixa de ventos
Imos realizar un experimento chamado "a caixa de ventos".
Precisamos unha caixa de cartón, dous tubos de cartón de papel de cociña, unha candea e plástico transparente.
Facemos dous furados na parte superior da caixa para meter os tubos. A continuación recortamos a parte frontal para cubrila co plástico transparente.
Finalmente poñemos a candea prendida debaixo dun dos tubos. Botamos fume polo tubo que está enriba da candea e despois polo outro, observando deste xeito o proceso de circulación do aire quente e do aire frío.
Precisamos unha caixa de cartón, dous tubos de cartón de papel de cociña, unha candea e plástico transparente.
Facemos dous furados na parte superior da caixa para meter os tubos. A continuación recortamos a parte frontal para cubrila co plástico transparente.
Finalmente poñemos a candea prendida debaixo dun dos tubos. Botamos fume polo tubo que está enriba da candea e despois polo outro, observando deste xeito o proceso de circulación do aire quente e do aire frío.Anemómetro
A continuación imos realizar un anemómetro para media a velocidade do vento. Para isto precisamos as seguintes cousas:
- Catro culleres de plástico.
- Dous listóns circulares de madeira duns 20-30 centímetros.
- Un parafuso
- Unha porca
- Un trade
- Cinta adhesiva
- Un pao para a base.
OLLO! PARA FACER ESTE EXPERIMENTO PRECISAMOS A AXUDA DUN ADULTO.
En primero lugar, pídelle a un adulto que faga uns ocos no medio dos listóns de madeira coa axuda dun trade ( do tamaño do parafuso)
Agora xunta os dous linstóns facendo unha forma de cruz co parafuso. E enrosca a porca polo outro lado para que queden totalmente suxeitos.
De novo coa axuda dun adulto faille un oco ao pao da base ( do tamaño do parafuso).
Agora une a cruz de listóns no pau da base.
A cada lado listón, polos dous lados, ponlle a culler atado coa cinta adhesiva.( Todas as culleres no mesmo sentido para que o vento as mova)
Resultado final:
Termómetro caseiro
Os materiais que imos necesitar son:
- Un bote de cristal con tapa de rosca.
- Alcohol.
- Unha palliña transparente (moi estreita).
- Unha cartolina.
- Colorante alimentario.
- Un rotulador.
- Un pouquiño de auga.
- Un trade.
- Unha broca do tamaño da palliña.
Elaboración:
Á tapa do bote de cristal facémoslle un pequeno burato. Axudados por un adulto e coa trade de broca fina furamos a tapa.
Lembrade que a palliña ten que entrar polo burato.
Engadir colorante alimenticio
A continuación pegamos a cartolina cunha escala debuxada nela.
Cando a temperatura suba verase na palliña:
Cando a temperatura baixa:
martes, 20 de outubro de 2015
Busca un poema
Tendo en conta o poema "No desterro" de R. Cabanillas, busca un outro no que aparezan referencias a condicións climatolóxicas.
Inverno
Chove, chove na cada do probe
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa de feria allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (1962)
Inverno
Chove, chove na cada do probe
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa de feria allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (1962)
mércores, 14 de outubro de 2015
Experimentos!
Nenos e nenas, imos facer grupos de catro persoas. Cada grupo terá que facer un experimento e posteriormente mostralo ó resto dos compañeiros na clase.
¡Agardo impaciente por ver os resultados!
¡Agardo impaciente por ver os resultados!
venres, 9 de outubro de 2015
Mostra das redaccións sobre o cambio climático.
Chámome Anxo e teño 9 anos. Vivo en
Pontedeume coa miña familia nunha casa moi bonita, preto da Praza
Real. Na miña casa vivimos meus pais, María e Miguel, a miña irmá
pequena Sofía e un can chamado Orballo. Vou ao colexio Couceiro
Freijomil e cando saio recolleme meu avó e imos para a súa casa.
Meus avós contanme moitas
historias de cando eran pequenos, unha das que máis me gusta é a
de cando nevou en Pontedeume e todos se sorprenderon. Todos os anos
os nenos e nenas desexamos que volva a ocorrer isto. Grazas ás
historias de meus avós coñezo o pasado do meu pobo.
Mais agora nas Festas das Peras, en
setembro, as temperaturas suben ano trás ano. Cando empezamos as
clases, esa semana, as festas aínda non remataron normalmente e a
calor tampouco. Aínda teño ganas de ir a praia de Cabanas cos meus
amigos, pero non podo.
Cada ano as temperaturas vólvense máis
altas en verán e máis baixas en inverno. Aínda que en Pontedeume
nunca fai vento xa que Breamo resgarda ao pobo. Miña avoa di que a
calor é insoportable e que cando vivía en Andrade o tempo non
estaba tan tolo.
Anxo Añón Varela
mércores, 7 de outubro de 2015
Adiviñas
- Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non. Moitas estreliñas caídas do alto e a miña casiña vistes de branco.
- Cal é a cousa que anda e non se ve?
- Cos meus marteliños, vouvos dando golpeciños. Aínda que golpeo os vidrios, gústolle os lirios. E se mollo os señores, alimento a moitas flores.
Refráns
- O sol de xaneiro non ten compañeiro
-Marzo é enganador, un día malo o outro peor.
- Nadal mollado, xaneiro xeado
- En agosto secan montes e en Setembro as fontes
- Abril se é malo quere vir, ainda as portas non deixa abrir.
-Marzo é enganador, un día malo o outro peor.
- Nadal mollado, xaneiro xeado
- En agosto secan montes e en Setembro as fontes
- Abril se é malo quere vir, ainda as portas non deixa abrir.
Refráns
- Inverno chuvioso, verán caloroso.
- Nordés polo serán, vento so Sur pola mañan.
- Cando o tempo anda ó revés, ata chove do Nordés.
- Lúa posta, baixamar na costa.
- Cando o Pico Sacro cobre capelo, nenas de Ulla poñede o mantelo.
Adiviña adiviñanza...
As adiviñas forman parte da nosa literatura oral que foron creadas para potenciar agudeza dos máis pequenos. A ver se sodes quen de atopar a resposta das seguintes adiviñas:
- Voo sen ás, asubío sen boca, azouto sen mans e ti non me ves.
- Alto pimpín, redondo molete, que chova, que neve, non se derrete.
- Fala sen boca e anda sen pés, dache na casa e ti non o ves.
Refráns
venres, 2 de outubro de 2015
Símbolos da meteoroloxía
venres, 25 de setembro de 2015
Actividade de expresión de sentimentos
Redacta no teu caderno os teus sentimentos e as túas impresións en días coas seguintes características:
( Inverno)
( Inverno)
- Un día de chuvia constante
- Un día de temporal
- Un día de sol
- Un día de tormenta
- Un día de vento seco
- Un día de calor
martes, 22 de setembro de 2015
O primeiro pluviómetro
O primeiro pluviómetro normalizado foi inventado en Corea en 1441 durante o reinado de Sejong o grande, aunque outras fontes atribuyen o invento a Jang Yeong Sil, un científico que traballaba para o rei.
Neve artificial
Xa na década de 1940 gostaba tanto a neve que levouse a cabo a creación de neve artificial usando unha máquina.
O lugar máis chuvioso do mundo
1-Mawsynram (India) .Igual que en Cherrapunji (India), en Mawsynram tamén chove moito ( o fin e o cabo están tan solo a 15 km de distancia). Ambas localidades, de feito, dispútanse o posto de " o lugar máis chuvioso do planeta". Media anual: 11.870mm
Lóstrego
Os lóstregos poden chegar a medir 48km de largo e o seu espesor é menor que unha pulgada (2'54 cm) e alcanzan unha temperatura maior que a da superficie do sol.
Asuán
O lugar habitado máis seco do mundo é Asuán, en Egipto, onde o promedio anual de chuvias é de 50 mm.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)




























