Tendo en conta o poema "No desterro" de R. Cabanillas, busca un outro no que aparezan referencias a condicións climatolóxicas.
Inverno
Chove, chove na cada do probe
e no meu corazón tamén chove.
Dor da mau encallecida,
dor da xente aterecida
de frío polos camiños.
Dor dos vellos e meniños.
Dor dos homes desherdados
e dos que están aldraxados.
Mágoa de feria allea.
Dor dos que están na cadea,
dos que sofren inxustiza
e viven baixo a cobiza.
Mágoa e loito
por tanto pranto que escoito.
No meu peito, sulagado,
soturno, fondo, calado,
un río de amor se move.
Chove, chove na casa do probe
e no meu corazón tamén chove.
Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra (1962)
Ningún comentario:
Publicar un comentario