venres, 9 de outubro de 2015

Mostra das redaccións sobre o cambio climático.


Chámome Anxo e teño 9 anos. Vivo en Pontedeume coa miña familia nunha casa moi bonita, preto da Praza Real. Na miña casa vivimos meus pais, María e Miguel, a miña irmá pequena Sofía e un can chamado Orballo. Vou ao colexio Couceiro Freijomil e cando saio recolleme meu avó e imos para a súa casa.
Meus avós contanme moitas historias de cando eran pequenos, unha das que máis me gusta é a de cando nevou en Pontedeume e todos se sorprenderon. Todos os anos os nenos e nenas desexamos que volva a ocorrer isto. Grazas ás historias de meus avós coñezo o pasado do meu pobo.
Mais agora nas Festas das Peras, en setembro, as temperaturas suben ano trás ano. Cando empezamos as clases, esa semana, as festas aínda non remataron normalmente e a calor tampouco. Aínda teño ganas de ir a praia de Cabanas cos meus amigos, pero non podo.
Cada ano as temperaturas vólvense máis altas en verán e máis baixas en inverno. Aínda que en Pontedeume nunca fai vento xa que Breamo resgarda ao pobo. Miña avoa di que a calor é insoportable e que cando vivía en Andrade o tempo non estaba tan tolo.


Anxo Añón Varela 

Ningún comentario:

Publicar un comentario