mércores, 11 de novembro de 2015

Continua a historia

Le o seguinte fragmento da obra Xente de mala morte de Alfonso Álvarez Cácamo e continua a historia con dúas lineas usando léxico do clima:

Zoaba un vento moi frío aquela noite na cidade. O transeúnte tentaba protexer as súas orellas subindo as lapelas do abrigo, pero as raxadas xeadas impedíanno, destemperaban o seu corpo e enfurruñaban o seu ánimo no longo camiño cara a casa. O transeúnte deixaba caer as pegadas automaticamente nuns lugares milleiros de veces percorrido, e pechaba os ollos irritados polo vento. Unicamente quería chegar dunha vez á casa [...]. E se algo dicía a ninguén cando o malhumor e o vento en contra o alporizaban como para falar en voz alta, era que debecía por chegar á casa, cear calquera cousa e deitarse.

Sen embargo tiña que ir á casa de Nuno, meu curmán, mais non había ninguén. Comezou a chover e eu non tiña paraugas. A auga caloume ata os ósos. Chamei por Nuno a berros, mais ninguén respondeu.
(Carolina, 4ºB)

As roupas empapadas pesaban coma cadeas e tiña que ir suxeitando os pantalóns que me ían baixando da cintura. Chovía a mares cando de súpeto sorprendeume un lóstrego nas costas, entón decidín saír correndo cara o xardín traseiro.
(Facundo, 4ºB)

Polo camiño perdín un zapato e cando o ía recoller dinme conta de que estaba afundido nun charco polo que o deixei alí. Cheguei ao xardín traseiro e parecía que os lóstregos me perseguían estando cada vez máis preto de min.
(Alicia 4ºB)

Nuno asomouse á ventá da cociña e chamou por min. Non era quen de escoitalo co ruído da tormenta. Apurei ata a porta de atrás e por fin logrei poñerme a salvo. Rogueille a Nuno que me prestara algún farrapo para mudarme. A miña roupa estaba enchoupada.
(Zeltia, 4ºB)

Ao entrar ao salón toda a miña familia estaba alí. Eu enchoupado e todos eles, elegantes, berrando Feliz aniversario! . No centro da habitación unha torta xigante con catorce velas. O vento bateu a porta e apagounas.
(Xurxo, 4ºB)

Ningún comentario:

Publicar un comentario