Amosando publicacións coa etiqueta Tempo e clima na escrita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Tempo e clima na escrita. Amosar todas as publicacións

xoves, 19 de novembro de 2015

A choiva

Os galegos sempre nos queixamos de que no territorio galego non deixa de chover. Sen embargo temos moitísimas palabras para as distintas precipitacións que sofre nosa terra. Aquí temos unha lista dalgunhas delas:
Arroiada: choiva forte e intensa.
Babuña/babuxa: choiva lixeira e pouco intensa.
Ballón: tromba de auga forte e intensa.
Balloada: choiva repentina, intensa e que se prolonga en varios días.
Diluvio: choiva moi abundante e intensa.
Escarabana: auga moi fría con saraiba.
Orballo: choiva lixeira e persistente.
Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa provocada polo vento na superficie do mar.
Torba: auga de choiva con neve lixeira.
Torbón/treboada: tromba de auga forte.
Zarzallo: choiva lixeira e pouco intensa.

Agora completa esta listaxe con máis palabras:


mércores, 7 de outubro de 2015

Adiviñas


  • Unha saba branca sen algodón, que cobre o mundo e o río non. Moitas estreliñas caídas do alto e a miña casiña vistes de branco.

  •  Cal é a cousa que anda e non se ve?

  • Cos meus marteliños, vouvos dando golpeciños. Aínda que golpeo os vidrios, gústolle os lirios. E se mollo os señores, alimento a moitas flores.

Refráns

- O sol de xaneiro non ten compañeiro
-Marzo é enganador, un día malo o outro peor.
- Nadal mollado, xaneiro xeado
- En agosto secan montes e en Setembro as fontes
- Abril se é malo quere vir, ainda as portas non deixa abrir.

Refráns


  • Inverno chuvioso, verán caloroso.
  • Nordés polo serán, vento so Sur pola mañan.
  • Cando o tempo anda ó revés, ata chove do Nordés.
  • Lúa posta, baixamar na costa.
  • Cando o Pico Sacro cobre capelo, nenas de Ulla poñede o mantelo.

Adiviña adiviñanza...


As adiviñas forman parte da nosa literatura oral que foron creadas para potenciar agudeza dos máis pequenos. A ver se sodes quen de atopar a resposta das seguintes adiviñas:

  • Voo sen ás, asubío sen boca, azouto sen mans e ti non me ves. 
                                 

  • Alto pimpín, redondo molete, que chova, que neve, non se derrete.
                                 

  • Fala sen boca e anda sen pés, dache na casa e ti non o ves.
                                        


Refráns




  • Norte escuro, vendaval seguro.


  • Ceo empedrado, chan mollado.


  • Auga de tronada, nuns sitios pouca e noutras nada.


  • Arco de vella ó poniente, ceiba os bois e vente.


  • Sol madrugador, pouco durador.


  • Gaivotas no porto, tempo revolto.