Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Experimentos. Amosar todas as publicacións

xoves, 29 de outubro de 2015

Pluviómetro

O experimento que realizaremos a continuación é un instrumento cuxa función e medir as precipitacións dun lugar e momento determinados.

Para a súa realización necesitaremos:
 
 Botella de plástico 


 Grampas e grampadora

 Papel de lixa


 Rotulador negro

 Tesoiras

Elaboración :

1 Cortamos a parte superior da botella.
2 Lixamos o corte das dúas partes.
3 Coa axuda dunha regra marcamos as medidas co rotulador na botella.
4 Grampamos a parte superior da botella insertando a boca da mesma dentro da parte máis grande.















Según sexa maior ou menor a cantidade de precipitacións poderemos realizar un estudo das mesmas nun lugar e momento determinados.

Barómetro caseiro

Imos realizar un experimento co que construiremos un barómetro que é un instrumento que serve para medir as variacións da presión atmosférica. 
Para facelo necesitaremos os seguintes materiais:
Un bote de cristal.                                                     

Un globo.
Unha goma elástica.
Unha palliña fina de refresco.
E unha cartolina
Para empezar colocamos o globo tapando a boca do bote do xeito máis tenso posible.

E suxeitámolo coa goma elástica.

Pegamos a palliña enriba.
Facemos unha escala na cartolina.

E pegámola o máis cerca posible do extremo da palliña.
Segundo sexa maior ou menor a presión atmosférica deformará en maior ou menor grao a tapa elástica, movendo a palliña cara arriba ou abaixo, indicando se a presión sobe ou baixa na escala marcada. 
Agora podedes probar a facelo na casa e comprobar por vós mesmos as variacións que sofre a presión atmosférica. 

A caixa de ventos

Imos realizar un experimento chamado "a caixa de ventos".


Precisamos unha caixa de cartón, dous tubos de cartón de papel de cociña, unha candea e plástico transparente.







Facemos dous furados na parte superior da caixa para meter os tubos. A continuación recortamos a parte frontal para cubrila co plástico transparente.








Finalmente poñemos a candea prendida debaixo dun dos tubos. Botamos fume polo tubo que está enriba da candea e despois polo outro, observando deste xeito o proceso de circulación do aire quente e do aire frío.

Anemómetro

A continuación imos realizar un anemómetro para media a velocidade do vento. Para isto precisamos as seguintes cousas:

  • Catro culleres de plástico.
  • Dous listóns circulares de madeira duns 20-30 centímetros.
  • Un parafuso
  • Unha porca
  • Un trade
  • Cinta adhesiva
  • Un pao para a base.





OLLO! PARA FACER ESTE EXPERIMENTO PRECISAMOS A AXUDA DUN ADULTO.

 En primero lugar, pídelle a un adulto que faga uns ocos no medio dos listóns de madeira coa axuda dun trade ( do tamaño do parafuso)







Agora xunta os dous linstóns facendo unha forma de cruz co parafuso. E enrosca a porca polo outro lado para que queden totalmente suxeitos.



 De novo coa axuda dun adulto faille un oco ao pao da base ( do tamaño do parafuso).



Agora une a cruz de listóns no pau da base.


A cada lado listón, polos dous lados, ponlle a culler atado coa cinta adhesiva.( Todas as culleres no mesmo sentido para que o vento as mova)



Resultado final:







Termómetro caseiro

A continuación faremos un experimento con materiais que temos habitualmente na casa. Podemos facer un termómetro caseiro que se basee na capacidade que ten todo corpo de aumentar de volume se se quenta e de contraerse se se arrefría.













Os materiais que imos necesitar son:



  • Un bote de cristal con tapa de rosca.
  • Alcohol.
  • Unha palliña transparente (moi estreita).
  • Unha cartolina.
  • Colorante alimentario.
  • Un rotulador.
  • Un pouquiño de auga.
  • Un trade.
  • Unha broca do tamaño da palliña.




Elaboración:

Á tapa do bote de cristal facémoslle un pequeno burato. Axudados por un adulto e coa trade de broca fina furamos a tapa. 





Lembrade que a palliña ten que entrar polo burato.







Botaremos ata a metade do frasquiño de cristal unha mestura de auga e alcohol a partes iguais.

 
Engadir colorante alimenticio

Introducimos a palliña polo burato, en caso de que sobre moito burato selamos con plastilina para evitar que entre ou saia aire do frasquiño. 


A continuación pegamos a cartolina cunha escala debuxada nela. 







Cando a temperatura suba verase na palliña:
Cando a temperatura baixa: 

mércores, 14 de outubro de 2015

Experimentos!

Nenos e nenas, imos facer grupos de catro persoas. Cada grupo terá que facer un experimento e posteriormente mostralo ó resto dos compañeiros na clase.
¡Agardo impaciente por ver os resultados!