Imos realizar un experimento co que construiremos un barómetro que é un instrumento que serve para medir as variacións da presión atmosférica.
Para facelo necesitaremos os seguintes materiais:
Un bote de cristal.
Un globo.
Unha goma elástica.
Unha palliña fina de refresco.
E unha cartolina
Para empezar colocamos o globo tapando a boca do bote do xeito máis tenso posible.
E suxeitámolo coa goma elástica.
Pegamos a palliña enriba.
Facemos unha escala na cartolina.
E pegámola o máis cerca posible do extremo da palliña.
Segundo sexa maior ou menor a presión atmosférica deformará en maior ou menor grao a tapa elástica, movendo a palliña cara arriba ou abaixo, indicando se a presión sobe ou baixa na escala marcada.
Agora podedes probar a facelo na casa e comprobar por vós mesmos as variacións que sofre a presión atmosférica.