martes, 24 de novembro de 2015

Mural das capas da atmosfera

Despois de tres semanas preparando o mural chegou o momento de ver o resultado final. Noraboa rapaces e rapazas!












xoves, 19 de novembro de 2015

A choiva

Os galegos sempre nos queixamos de que no territorio galego non deixa de chover. Sen embargo temos moitísimas palabras para as distintas precipitacións que sofre nosa terra. Aquí temos unha lista dalgunhas delas:
Arroiada: choiva forte e intensa.
Babuña/babuxa: choiva lixeira e pouco intensa.
Ballón: tromba de auga forte e intensa.
Balloada: choiva repentina, intensa e que se prolonga en varios días.
Diluvio: choiva moi abundante e intensa.
Escarabana: auga moi fría con saraiba.
Orballo: choiva lixeira e persistente.
Salseiro: pingas de auga que producen unha néboa provocada polo vento na superficie do mar.
Torba: auga de choiva con neve lixeira.
Torbón/treboada: tromba de auga forte.
Zarzallo: choiva lixeira e pouco intensa.

Agora completa esta listaxe con máis palabras:


mércores, 11 de novembro de 2015

Continua a historia

Le o seguinte fragmento da obra Xente de mala morte de Alfonso Álvarez Cácamo e continua a historia con dúas lineas usando léxico do clima:

Zoaba un vento moi frío aquela noite na cidade. O transeúnte tentaba protexer as súas orellas subindo as lapelas do abrigo, pero as raxadas xeadas impedíanno, destemperaban o seu corpo e enfurruñaban o seu ánimo no longo camiño cara a casa. O transeúnte deixaba caer as pegadas automaticamente nuns lugares milleiros de veces percorrido, e pechaba os ollos irritados polo vento. Unicamente quería chegar dunha vez á casa [...]. E se algo dicía a ninguén cando o malhumor e o vento en contra o alporizaban como para falar en voz alta, era que debecía por chegar á casa, cear calquera cousa e deitarse.

Sen embargo tiña que ir á casa de Nuno, meu curmán, mais non había ninguén. Comezou a chover e eu non tiña paraugas. A auga caloume ata os ósos. Chamei por Nuno a berros, mais ninguén respondeu.
(Carolina, 4ºB)

As roupas empapadas pesaban coma cadeas e tiña que ir suxeitando os pantalóns que me ían baixando da cintura. Chovía a mares cando de súpeto sorprendeume un lóstrego nas costas, entón decidín saír correndo cara o xardín traseiro.
(Facundo, 4ºB)

Polo camiño perdín un zapato e cando o ía recoller dinme conta de que estaba afundido nun charco polo que o deixei alí. Cheguei ao xardín traseiro e parecía que os lóstregos me perseguían estando cada vez máis preto de min.
(Alicia 4ºB)

Nuno asomouse á ventá da cociña e chamou por min. Non era quen de escoitalo co ruído da tormenta. Apurei ata a porta de atrás e por fin logrei poñerme a salvo. Rogueille a Nuno que me prestara algún farrapo para mudarme. A miña roupa estaba enchoupada.
(Zeltia, 4ºB)

Ao entrar ao salón toda a miña familia estaba alí. Eu enchoupado e todos eles, elegantes, berrando Feliz aniversario! . No centro da habitación unha torta xigante con catorce velas. O vento bateu a porta e apagounas.
(Xurxo, 4ºB)

mércores, 4 de novembro de 2015

Furacán, ciclón e tifón.

O mesmo fenómeno recibe nomes distintos nas diferentes partes do planeta: chámase furacán nas costas tropicais americanas,tanto do Atlántico como do Pacífico; tifón no sudoeste asiático; indochina, Filipinas, China e Xapón; e ciclón nas costas africanas do este a India, Bengala Arabia e na costa autraliana.

Raio

En torno a cen raios caen na Terra nun segundo. E mil persoas morren alcanzados por raios nun ano.

Saraiba

A pedra de saraiba máis grande pesaba 1kg e caeu en Bangladesh en 1986.

Furacáns galegos

Galicia sufriu uns cantos furacáns nas últimas décadas. Velaquí algúns deles:

-Hortensia (1984)
-Wilma (2005)
-Gordon (2006)

Evaporación

Se enches unha bolsa de plástico con auga e a pos preto dunha fiestra onde dé o sol, obsérvase o proceso de evaporación da auga.

Iceberg

En outubro de 1999, un iceberg do tamaño de Londres desprendeuse da barreira de xeo Antártica.